Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba práctica A19 A24 A25 A26 A29 A33 A34 A35 A36 A37 A38 A39 A42 A45 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B11 B12 B13 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Valorarase a aplicación dos principios explicados ao longo do curso. A coherencia compositiva, os criterios de elección da especie, a relación entre os elementos da planta e o resto dos elementos da composición, a formación dunha estrutura e a creación de significado. Tamén se prestará atención especial á representación e á lexibilidade da proposta. 20
Traballos tutelados A19 A24 A25 A26 A29 A33 A34 A35 A36 A37 A38 A39 A42 A45 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B11 B12 B13 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Avaliarase a capacidade de realizar un proxecto paisaxístico a pequena escala e un alto nivel de detalle. Os alumnos deben ser capaces de completar un documento lexible, utilizando notacións e estándares de representación da materia. O proxecto debe ter obxectivos e discursos narrativos iniciais que correspondan á súa definición final, tamén debe posuír unha coherencia compositiva, lóxica funcional e viabilidade desde un punto de vista construtivo e biolóxico. 60
Obradoiro A19 A24 A25 A26 A29 A33 A34 A35 A36 A37 A38 A39 A42 A45 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B11 B12 B13 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Valorarase a participación nos obradoiros, a evolución e demostración na adquisición de coñecementos sobre teoría da paisaxe e habilidades como a expresión de ideas, a articulación dun discurso coherente e o enfrontamento de puntos de vista. 20
 
Observacións avaliación

A asistencia a clase é obrigatoria, hai un mínimo de 80% de asistencia para superar a materia.

A avaliación será continua.Os sistemas de avaliación axustaranse ao establecido na Normativa vixente de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións de estudos de grao e máster universitario da Universidade da Coruña e da Universidade de Santiago de Compostela. 

Para aprobar  o alumno debe acadar unha nota igual ou superior a un 5 tanto nas prácticas individuais como na prácticas de grupo, de non ser así non se fará media. Asemade o estudante debe ter unha asistencia mínima do 80% e todas as súas prácticas deberán ser entregadas nas datas especificadas.

Para a segunda oportunidade rexerá o mismo criterio

No caso de adaptación por COVID atenderase ao plan de continxencia