A materia de Construción Aplicada 2, xunto con Construción Aplicada 1, constitúe unha base de coñecemento para o alumnado en canto á ciencia dos materiais e os sistemas construtivos, centrados en escavacións, contención, bioconstrución, bioenxeñaría e construción de fábricas. Este coñecemento permite afrontar a integración destes elementos construtivos en particular dentro do proxecto da paisaxe.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos:
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías,
Metodoloxías docentes que se manteñen:
Sesión maxistral
Solución de problemas
Estudo de casos
Traballos tutelados
Proba de resposta múltiple
Metodoloxías docentes que se modifican
Proba obxectiva (non se realizará a evaluación dos coñecementos correspondentes incorpórase a “Traballos tutelados”)
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
a. Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar tutorías virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
b. Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. Ademais dos contidos e documentación complementaria que se subirá a Moodle. Abriranse tarefas específicas para o control e seguimento periódico do avance dos traballos tutelados.
c. Teams: dúas sesións semanais en grupo para a exposición dos contidos teóricos e dúas sesións semanais para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. O Teams utilizase tamén para a realización de tutorías
4. Modificacións na avaliación:
A avaliación basearase nos traballos tutelados (100%)
Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente
5. Modificacións da bibliografía:
Non se realizarán cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías