Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Vazquez Mosquera, Jose Manuel
Correo electrónico
jose.vmosquera@udc.es
Profesorado
Irisarri Castro, Jesús
Vazquez Mosquera, Jose Manuel
Correo electrónico
j.irisarri@udc.es
jose.vmosquera@udc.es
Web
Descrición xeral
Esta materia está baseada no "espazo público"considerado como escearios que representan a relación espazo-tempo. Achéganos ás condición do contexto, á dimensión do epazo en relación coas estratexias contemporáneas xeradoras de vida urbana atractiva, á vez que como contedores da totalidade (espazo-tempo) e da escala; claves na forma física da cidade e da identidade colectiva. Por ser froito da actividade dunha comunidade representa tamén as aspiracións colectivas.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizaron cambios
2. Metodoloxías
Metodoloxías docentes que se manteñen
_Sesión maxistral
_Portafolios do alumno
_Proba mixta
*Metodoloxías docentes que se modifican
_Obradoiro: Os exercicios a desenvolver nesta metodoloxía incorpóranse na metodoloxía "Traballos tutelados"
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
_Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, resolver dúbidas, solicitar encontros virtuais, e facer o seguimento dos traballos tutelados.
_Moodle: Diariamente e segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, a través dos que se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos impartidos.
_Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade.
De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate
6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “Traballos tutelados”. Esta dinámica
permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do
alumando para desenvolver o traballo da materia.
4. Modificacións na avaliación
Traballos tutelados (70%).
En relación cos traballos tutelados valorarase:
- A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
- A profundidade do contido.
- O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas socioeducativas.
- O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
- A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
- A presentación e a claridade da exposición.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que as referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo
presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial.
E requisito para superar a materia tanto asistir e participar regularmente nas actividades da clase como entregar e expoñer os traballos tutelados na data e nos medios que se indiquen.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
_Non se modifican.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías