A asignatura "Introdución ao Dereito" é una materia de formación básica que se imparte no primeiro cuatrimestre do Grado en Ciencias Empresariais. O seu estudo como formación básica do Grado se xustifica atendendo a necesidade do estudante de coñecer as institucións xurídico-privadas a través das que se conforma a actuación dos particulares e empresarios no tráfico mercantil. O seu obxetivo é familiarizar os futuros graduados coas institucións básicas do Dereito Privado que resultan indispensables para o coñecemento do funcionamento do mercado e dos axentes que operan no tráfico económico.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Mantéñense todos os contidos.
2. Metodoloxías
Mantense a metodoloxía pero as sesións non serán presenciais, senón que se desenvolverán por medio da plataforma Teams.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
A atención personalizada ao alumno levarase a cabo por calquera medio que permita conectar co profesor, xa sexa a través de Moodle, Teams ou correo electrónico. En calquera caso, a atención personalizada será continuada e diaria.
4. Modificacines na avaliación
Non se modifican os criterios de avaliación
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Os cambios anunciaranse en cada unha das sesións non presenciais.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías