O obxectivo desta materia é introducir ao estudantado nos fundamentos do calculo diferencial de varias variábeis e a programación matemática, que serán precisos para a aprendizaxe do resto das materias do grao e para o seu futuro profesional. O estudante deberá comprender os conceptos básicos presentados e os resultados que os relacionan e aplicar de xeito correcto e con rigor estes coñecementos para a resolución práctica de problemas. Fará-se unha especial énfase na aplicación dos contidos do curso a problemas de natureza económica e na interpretación dos resultados obtidos.
Ademais, preténdese axudar ao estudantado a desenvolver competencias xenéricas tais como a capacidade de análise e síntese, capacidade de razoamento lóxico, capacidade de resolución de problemas, espírito crítico, aprendizaxe autónomo, ou a habilidade para pescudar e utilizar información procedente de distintas fontes.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
-Eliminarase o Tema 8. Programación Lineal
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Os profesores da materia estarán dispoñibles en Teams no horario de titorías ou previa petición por parte do alumnado para resolver dúbidas.
*Metodoloxías docentes que se modifican
As sesión de aula alternarán entre a presencialidade e a virtualización a través da plataforma Teams no caso de docencia semipresencial e se realizarán exclusivamente mediante ferramentas telemáticas (Teams) no caso de non ser posible a docencia presencial.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Empregarse o correo electrónico en función da demanda do alumnado.
-Titorías via Teams no horario previamente establecido polo profesorado.
-A través dos foros e a sección de avisos de Moodle tamén se atenderán as necesidades dos estudantes.
4. Modificacións na avaliación
-A avaliación será sempre a mesma. No caso de que o exame non poida realizarse de xeito presencial terá lugar a través de ferramentas telemáticas.
*Observacións de avaliación:
-As mesmas que no caso de presencialidade.
Durante a realización dos exames o estudantado non poderá manter contacto con outras persoas e o profesorado poderá solicitar que active a súa cámara e se identifique mediante DNI ou equivalente.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
-Os dous seguintes manuais están accesíbels como libro electrónico a través da web da biblioteca.
F. J. Martínez Estudillo (2005). Introducción a las matemáticas para la economía. Descleé De Brouwer, Bilbao
K. Sydsæter, P. J. Hammond y P. Carvajal (2012). Matemáticas para el análisis económico. Madrid, Pearson
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías