A materia pretende forma-los coñecementos e desenvolve-las habilidades básicas precisas para comprende-la problemática financeira da empresa, iniciarse no estudio da teoría financeira e as Finanzas, e manexa-los modelos básicos de traballo. Preténdese que o alumno adquira un dominio das habilidades propias da valoración de inversions en condicions de certeza e incertidume, racionamento de capital, programación multiobxetivo, intanxibles, e modelos de valoración cualitativa.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Ningunha
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas, se ben as sesións presenciais poderían reemprazarse, total ou parcialmente, por sesións telemáticas
*Metodoloxías docentes que se modifican
Ningunha, aínda que se poderían introduci-las adaptacións imprescindibles para traslada-la actividade académica a un entorno telemático
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Titorías virtuais a través dos recursos das plataformas institucionais da UDC
4. Modificacións na avaliación
Ningunha, aínda que se poderían introduci-las adaptacións imprescindibles para traslada-la actividade académica a un entorno telemático. En concreto, as probas de avaliación poderían desenvolverse por medios telemáticos.
*Observacións de avaliación
A evolución da situación sanitaria está fóra do control do equipo docente. Por ilo, cómpre dispoñer de equipamento para acceder a recursos electrónicos e afrontar una avaliación por medios electrónicos, dende o mesmo inicio do cuadrimestre. En caso necesario, debe consultarse á UDC a posibilidade de acceder a axudas para obtelo.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Ningunha
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías