Estudo dos principais conceptos, cuestións e problemática específica que caracteriza ás empresas familiares, así como as principais ferramentas de análise e resolución de conflitos.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Traballos tutelados (computa na avaliación)
- Estudo de casos (computa na avaliación)
- Atención personalizada
*Metodoloxías docentes que se modifican
- Discusión dirixida
- Sesión maxistral
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados e estudo de casos.
- Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado.
- Teams: Sesións semanais según as necesidades da evolución da materia.
4. Modificacións na avaliación
Mantéñense as mesmas condicións que figuran na guía docente. A avaliación, por tanto, non sufrirá modificacións, representando a avaliación continua un 100% da avaliación total da seguinte forma: Traballos tutelados 60%, estudo de casos 40%.
*Observacións de avaliación:
Requisitos para superar a materia: Obter una puntuación do 50% do peso de cada una das partes obxecto de avaliación.
Na segunda oportunidade aplicaranse os mesmos criterios de avaliación que para a primeira oportunidade.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non se realizarán cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías