Metodoloxías
Traballos tutelados
Portafolios do alumno
Mapa conceptual
Descrición
A materia está configurada de forma que todos os contidos están colgados en moodle, o que facilita o paso dunha metodoloxía presencial a unha virtual no caso de ser necesario. As clases poden desenvolverse tanto presencial como virtualmente a través da aplicación teams e o encerado virtual. Esta semipresencialidade virá dada polas instrucións que se reciban da facultade.

Na atención personalizada o profesor resolverá as dúbidas que teña o alumno sobre os diferentes temas a traballar na materia.
Esta atención personalizada realizarase preferentemente de forma virtual, a través de Teams, e excepcionalmente no despacho do profesorado

O horario de titorías estará colgado no taboleiro que está no despacho do profesor, en moodle, na páxina web do departamento de Filosofía e Métodos de Investigación en Educación, e na páxina da Facultade de Ciencias da Educación.

No caso de que a situación o requira e así o determine o profesor, a atención poderá ser, en horario de titorías, vía: moodle, teams, correo electrónico, e excepcionalmente outras ferramentas que faciliten a atención ao alumnado.