Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Enfermaría Clínica I Código 661G01034
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Fernández Fraga, María Ines
Correo electrónico
ines.fernandez.fraga@udc.es
Profesorado
Fernández Fraga, María Ines
Correo electrónico
ines.fernandez.fraga@udc.es
Web
Descrición xeral O propósito desta materia é capacitar ao estudante para identificar as alteracións de saúde nas persoas adultas, as súas consecuencias a nivel persoal, familiar e comunitario; planificar e avaliar os coidados de enfermaría, adaptándoos ao ámbito de actuación profesional, sendo o obxectivo dos coidados conseguir o maior grao de independencia das persoas.
Plan de continxencia 1. Non se realizarán cambios nos contidos 2. Mantéñense as metodoloxías realizando as adaptacións necesarias para a modalidade virtual 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. Moodle: Diariamente. Ademais da incorporación de materiais documentais, establecerase “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas do Centro. De 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (até 5-6 persoas), onde se realizarán discusións dirixidas para a resolución de problemas e permitir o seguimento e apoio na realización do “estudo de casos”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado ás necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia. 4. Modificacións na avaliación Non se modifican as metodoloxías, só se transformaran á modalidade virtual as probas que na planificación estivesen en modalidade presencial. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se modifica
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías