Introdución ao inglés con fins profesionais, con especial atención ao ámbito da moda.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense todas as metodoloxías docentes, trasladándose a entornos de aprendizaxe online, a excepción da proba práctica.
*Metodoloxías docentes que se modifican
A proba práctica desaparece, sendo substituída no seu peso na avaliación polos estudos de casos e o traballo tutelado.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Atención continuada a través de e-mail e Moodle.
Empregarase Teams para a impartición das sesións de aulas síncronas, no horario establecido no calendario da titulación, así como para as titorías individualizadas co alumnado.
4. Modificacións na avaliación
As porcentaxes concretas dos diferentes tipos de avaliación dependerán do momento no que fose necesario activar este plan de continxencia.
En todo caso, conservaranse aquelas actividades de avaliación xa efectuadas, así coma o 10% de observación sistemática.
O peso das actividades de avaliación que non se puidesen realizar, e, nomeadamente, da proba práctica, sumaranse en primeiro lugar ao traballo tutelado, até un máximo dun 40%, e posteriormente aos estudos de casos.
*Observacións de avaliación:
Nun escenario de activación do Plan de Continxencia, para a obtención da calificación de Non Presentado, o estudantado deberá non ter presentado o traballo tutelado "Project".
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías