Nesta materia descríbense e analizan Sistemas de Enerxía Eléctrica (SEE).
A materia divídese en dous partes. A primeira está dedicada á análise de circuítos eléctricos e aos fundamentos das máquinas eléctricas; nesta parte cabe destacar a descrición, modelización e análise dos transformadores e as máquinas síncronas. Nunha segunda parte introdúcense os SEE, descríbense os elementos que os compoñen, así como aspectos operativos, construtivos e analíticos destes sistemas.
Calquera cambio ou evento relacionado coa docencia e avaliación da materia será anunciado polo profesor da mesma nas clases presenciais. Con todo, o profesor habilitará canles telemáticas alternativas para os alumnos que non asisten ás clases presenciais co obxecto de manterse ao corrente de calquera anuncio ou incidencia.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se modifican os contidos.
2. Metodoloxías
Mantense todas as metodoloxías docentes modificando únicamente o seu carácter presencial
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Ferramentas: Moodle, Teams ou correo electrónico.
4. Modificacións na avaliación
Mantense as metodoloxías de avaliación e a súa ponderación, agás o seu carácter presencial.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai modificacións.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías