Mestrado Universitario en Enxeñaría Industrial (plan 2018)
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
1º cuadrimestre
Segundo
Optativa
4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Mier Buenhombre, Jose Luis
Correo electrónico
jose.mier@udc.es
Profesorado
Camba Fabal, Carolina
Mier Buenhombre, Jose Luis
Correo electrónico
carolina.camba@udc.es
jose.mier@udc.es
Web
Descrición xeral
Nesta materia estúdase a degradación superficial de materiais metálicos por corrosión e desgaste. Tras unha introdución dos fundamentos básicos profundarase nos distintos mecanismos de ambos os fenómenos e nos modos de protexer o metal dos seus efectos.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Mantéñense os contidos
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense todas as metodoloxías docentes modificando unicamente o seu carácter presencial, excepto as prácticas de laboratorio que se cancelan. Os contidos das prácticas de laboratorio incorpóranse ao traballo tutelado en grupo.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Cancélanse definitivamente as prácticas de laboratorio.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Moodle.
Teams.
Correo electrónico.
Atención telefónica.
De acordo co horario de titorías aprobado.
4. Modificacións na avaliación
Metodoloxía: Proba obxectiva (online)
Peso na cualificación: 65%
Descrición: Exames tipo test de 15-20 preguntas sobre o temario de teoría con varias opcións de resposta das cales só unha é correcta.
Metodoloxía: Traballos tutelados.
Peso na cualificación: 35%
Descrición: Realizaranse un traballo tutelado en grupo sobre corrosión ou tribología. Entregaranse aos profesores en formato pdf. No caso dos estudantes con dispensa académica este traballo pódese facer de maneira individual.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense os mesmos criterios (incluídos os estudantes con dispensa académica), salvo a non presencialidad das probas obxectivas.
Para aprobar será necesario obter polo menos un 5 na nota global da materia.
Os criterios de avaliación son os mesmos para a primeira e para a segunda oportunidade.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
A webgrafía adicional poñerase na páxina Moodle correspondente á materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías