Nesta materia abordanse os principios das reaccións químicas, así como as bases do deseño dos distintos tipos de reactores e as súas aplicacións.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non hai cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense as sesións maxistrais e os traballos tutelados.
*Metodoloxías docentes que se modifican
De ser o caso, as sesión maxistrais que se impartirían mediante a plataforma Teams.
Así mesmo, os traballos tutelados se realizarían coa axuda das plataformas Moodle e Teams, con atención personalizada (computa na avaliación)
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico. Diariamente. Para dúbidas, seguimento de traballos, solicitude de titorías.
Moodle. Diariamente. Para formular dúbidas e consultas, desenvolvemento de contidos, discusións, seguimento de traballos tutelados, etc.
Teams. Diariamente. Reunión co alumnado, a súa petición, para o desenvolvemento dos traballos e para a atención as dúbidas que se soliciten ser atendidas por este medio.
4. Modificacións na avaliación
Se tivera que aplicarse o plan de continxencia a avaliación será: De non ter realizado ningún traballo tutelado, a proba mixta contará o 100% da cualificación..
*Observacións de avaliación:
* A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías