Esta materia amplía os coñecementos previos adquiridos na materia Resistencia de Materiais, abordando a análise estrutural de problemas máis complexos e próximos á realidade, con novas técnicas de cálculo.
A materia tamén introduce ao alumno nos sistemas construtivos do edificio industrial, e no deseño conceptual de edificios industriais de baixa complexidade e tamaño, aspectos que poderá ampliar a posteriori na materia Construción de Plantas Industriais e Sistemas Enerxéticos. Esta segunda parte do programa inclúe: Cimentacións e estruturas. Cubertas, fachadas e particións. Instalacións: auga, ventilación, calefacción, aire acondicionado, electricidade, protección contra incendios.
----------------------------------------------------------------------------
ANALYSIS AND DESIGN OF STRUCTURES AND INDUSTRIAL BUILDINGS
1. Structural analysis. 2. Design of structures and industrial buildings. Conceptual design of small, low complex industrial buildings: Structural systems. Roofing, facades and partitions. Building services: water supply and evacuation; fire protection; ventilating, heating and air conditioning; electrical services
Plan de continxencia
En función da evolución da pandemia de Covid-19, de calquera outra situación que leve a similares consecuencias, dos problemas que supoñan os horarios académicos á hora de conciliar o laboral co familiar, e das restricións impostas pola autoridade competente, os profesores da materia decidirán en cada momento a modalidade de docencia e avaliación, presencial ou non presencial, podendo pasar dunha a outra en función das circunstancias.
1. Modificacións nos contidos: non haberá modificación nos contidos.
2. Metodoloxías
2.1. Metodoloxías docentes que se manteñen: véxase o devandito no resto desta guía.
2.2. Metodoloxías docentes que se modifican: véxase o devandito no resto desta guía.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: véxase o devandito no resto desta guía.
4. Modificacións na avaliación: véxase o devandito no resto desta guía.
* Observacións de avaliación: véxase o devandito no resto desta guía.
5. Modificacións dá bibliografía ou webgrafía: non haberá cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías