O obxectivo desta materia é que os alumnos poidan elaborar un proxecto de enxeñería de forma íntegra nun tema de interese para unha empresa concreta, poñendo en práctica os coñecementos adquiridos nas materias cursadas ata este momento, e como elemento que facilite a posterior integración no mundo laboral, actuando como ponte entre a súa formación no rol de alumnos e o que desempeñarán como enxeñeiros na súa futura actividade profesional. Para iso, impartiranse seminarios sobre aspectos concretos que poidan quedar fóra das materias xa cursadas e realizarase un seguimento minucioso do proxecto que deberán de realizar. O traballo aquí realizado será susceptible de ser continuado en traballos fin de grao.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense todas as metodoloxías.
*Metodoloxías docentes que se modifican
A sesión maxistral realizarase mediante Teams. A presentación do traballo tutelado realizarase tamén mediante Teams. A construción física do prototipo para realizar no devandito traballo tutelado eliminarase e, a cambio, pedirase un detalle maior no deseño e na documentación para entregar.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Fóra das titorías en despacho, mantéñense os mesmos mecanismos de atención personalizada, a saber: videoconferencia e mensaxería por Teams, Moodle e correo electrónico, por esta orde de preferencia.
Adicionalmente, se o profesorado observa que hai dúbidas comúns a un grupo de alumnos, poderanse programar titorías de grupo reducido mediante videoconferencia por Teams.
4. Modificacións na avaliación
Non hai cambios na avaliación, máis aló de que será realizada telemáticamente mediante Teams.
*Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías