O obxectivo desta asignatura é que o/a alumno/a adquira os coñecementos necesarios para integrar eficientemente, nos coidados de enfermaría, a aplicación dos tratamentos farmacolóxicos como función derivada do seu exercicio profesional. Preténdese que o/a alumno/a adquira uns coñecementos básicos de farmacoloxía clínica, da función dos medicamentos na sociedade e en relación coa súa actividade como profesional de enfermaría e dos efectos dos medicamentos nos pacientes que serán obxecto da súa actividade profesional.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Os seminarios non se modifican. A entrega do traballo realizado realizarase a través de Moodle, apartado "entrega de ficheiros".
*Metodoloxías docentes que se modifican
A actividade inicial modifícase e pasa de ser presencial a virtualizarse a través da plataforma Moodle
As sesións expositivas modifícanse e pasan de ser presenciais a virtualizarse a través da plataforma Moodle
A proba de resposta múltiple modifícase e pasa de ser presencial a realizarse a través da plataforma Moodle, apartado "proba ou cuestionario", coas mesmos criterios de cualificación que a proba presencial.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico, foros de Moodle, mensaxes de Moodle. A demanda por parte do alumnado.
4. Modificacións na avaliación
A proba de resposta múltiple pasa de se presencial a virtual, e realizarase a través da plataforma Moodle cos mesmos criterios de cualificación que se describen nesta guía docente
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías