Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A26 A27 A28 A29 A30 B6 B8 B13 C10 C11 Proba escrita de composición mixta dirixida a avaliar o logro dos obxectivos propostos na materia.
40
Obradoiro A26 A28 A30 A33 B1 B3 B11 B13 B16 B20 B24 C1 C4 C7 C10 C11 C12 Traballo dirixido a que o alumnado obteña destrezas resolutivas en situacións similares ás que atopará na práctica asistencial como enfermeiro comunitario.
A asistencia e participación activa na aula a través do obradoiro é obrigatoria. Valorase de forma individual.
30
Aprendizaxe colaborativa B1 B3 B8 B12 B18 B20 B22 C11 É un traballo de grupo obrigatorio no que se presentan ao alumnado tarefas para solucionar en conxunto.
A asistencia e participación activa na aula a través dos grupos de traballo é obrigatoria.
Para a avaliación dos traballos seguiranse criterios de calidade sobre: presentación, estrutura, contidos, bibliografía e exposición oral.
30
 
Observacións avaliación

A metodoloxía de avaliación descrita é obrigatoria para o alumnado de matrícula ordinaria en primeira oportunidade (xuño).  

Para superar a materia é necesario aprobar a proba tipo mixto (a puntuación mínima para superar a proba será de 5).

O alumnado que concorran á segunda oportunidade (xullo) poderán escoller o mesmo sistema de avaliación ou o de exame único: 
a) Se opta polo mesmo sistema de avaliación que en xuño, excepcionalmente e só durante este curso académico, poderá conservar a nota da parte que tivese aprobada -se fose o caso- na oportunidade de xuño. 
b) Se opta polo sistema de exame único, deberá solicitalo por escrito ao profesor antes da data oficial de avaliación. Nese caso o exame contará con dúas preguntas adicionais relativas ás materias traballadas mediante o obradoiro realizado ao longo do curso. 

O alumnado con matrícula a tempo parcial poden acollerse ao sistema de avaliación de exame único tanto na convocatoria de xuño como na de xullo, debendo solicitalo por escrito ao profesor antes da data oficial de avaliación. 

A cualificación de Matrícula de Honra poderán obtela o alumnado que puntúen polo menos un 9, con preferencia para as cualificacións de 10. O profesor poderá dirimir quen obtén esta cualificación utilizando a tal fin o contido do exame e dos obradoiros. En caso de igualdade de condicións e habendo máis aspirantes que matrículas, o profesor pode convocar aos alumnos/- as aspirantes para a realización dunha proba voluntaria que dirimirá quen obtén a cualificación MH ata o máximo de matrículas permitido.


Calificación de No Apto: poñerase cando o estudantado non se presente á proba obxectiva de coñecementos.