Son estancias clínicas, correspondentes ao nivel intermedio da aprendizaxe práctica, nas que se lle esixe ao estudante un maior grao de profundización e integración dos coñecementos adquiridos, dirixidas á incorporación dos estudantes en institucións de ámbito hospitalario, de saúde mental e sociosanitarios. Pretende a integración de coñecementos teóricos, habilidades e actitudes nunha situación real.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos: Non se realizará ningunha modificación.
2. Metodoloxías:
*Metodoloxías docentes que se manteñen: Todas
*Metodoloxías docentes que se modifican: AS PRÁCTICAS CLÍNICAS NON PODEN SER MODIFICADAS POR NINGUNHA OUTRA ACTIVIDADE
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: Para a comunicación e seguimento do alumnado utilizaranse as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual da UDC a canle principal de comunicación
4. Modificacións na avaliación: Os estudiantes que teñan acadada o 100% da práctica clínica poderan ser avaliados según os criterios establecidos na presente guía. Aqueles estudantes que non acaden o 75% da práctica clínica, nos distintos ámbitos da practica (hospital, sociosanitario, saúde mental) terán que realizar as súas prácticas unha vez se reanude a actividade asistencial e según o permitan as institucións sanitarias, hasta alcanzar o mínimo do 75 % en cada unha das rotacións.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Ningunha.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías