Estancias IV é un compendio de aprendizaxes prácticas executadas en escenarios de coidados reais na comunidade. Están dirixidas a que o alumno interiorice os coñecementos que acadou ao longo das asignaturas enfermaría comunitaria I e II, exercite e modele as destrezas acadadas con anterioridade e desenvolva novas competencias que permitan a súa óptima integración nun equipo multidisciplinar de saúde con unha prestación de coidados salutoxénicos no marco de unha atención primaria orientada á comunidade.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos: Non se realizará ningunha modificación.
2. Metodoloxías:
*Metodoloxías docentes que se manteñen: Todas
*Metodoloxías docentes que se modifican: AS PRÁCTICAS CLÍNICAS E A SIMULACIÓN NO PODEN SER MODIFICADAS POR NINGUA OUTRA ACTIVIDADE
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: Para a comunicación e seguimento do alumnado utilizaranse as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual da UDC a canle principal de comunicación
4. Modificacións na avaliación: Os estudiantes que teñan acadada o 100% da práctica clínica poderan ser avaliados según os criterios establecidos na presente guía. Aqueles estudantes que non acaden o 75% da práctica clínica terán que realizar as súas prácticas unha vez se reanude a actividade asistencial e según o permitan as institucións sanitarias, hasta alcanzar o mínimo do 75 % da rotación.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Ningunha.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías