O Traballo de Fin de Grao (TFG) consta de 6 créditos ECTS que se cursará no 2º cuadrimestre de 4º curso.
Os estudos de Grao de Enfermaría concluirán coa elaboración e defensa do Traballo de Fin de Grao, que estará orientado á avaliación das competencias asociadas ao título, tal como prevé o RD 1393/2007 e a Orde CIN/2134/2008 polos que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habilitan para o exercicio da profesión de Enfermeira/o.
Plan de continxencia
11. Modificacións nos contidos - Non haberá cambios nos contidos. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Actividades iniciais e Traballos tutelados *Metodoloxías docentes que se modifican Presentación Oral: Adaptada a docencia non presencial. Unha vez o estudante obteña a autorización de defensa do traballo por parte do seu titor, deberá solicitar a defensa do mesmo. A exposición e defensa do traballo será en formato virtual a través da plataforma Teams. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Os seminarios metodolóxicos/tarefas iniciais e titorías co/s director/es que non foran xa virtuais, franse por vía TEAMs da materia de TFG. 4. Modificacións na avaliación A avaliación do traballo tutelado: Realizarase polo/a director/a que deberá emitir un informe detallado e una calificación sobre o traballo realizado. A nota máxima acadada neste apartado poderá ser de 8 puntos. - A avaliación da presentación oral: O estudante defenderá o traballo ante o Titor, nunha sesión de formato non presencial na plataforma Teams que será pública e grabada, mediante unha reunión convocada e gravada polo propio director do TFG (previo acordo co alumno e dentro do canal do período correspondente), na que o alumno adxuntará o PDF do seu TFG. A defensa consistirá na exposición oral e non presencial do traballo durante un tempo máximo de 10 minutos, na que se dará conta dos aspectos máis relevantes da actividade realizada. Logo da exposición, o titor poderá formular as preguntas e solicitar as consideracións que considere oportunas, as que o estudante deberá dar resposta. O tempo máximo establecido para esta defensa será de 10 minutos. A nota máxima acadada neste apartado poderá ser de 2 puntos. O tribunal formarase por tres membros docentes da Facultade de Enfermaría e Podoloxía pertencentes á comisión de docencia e validacions, ao equipo decanal, ou á coordinación de título e curso. O devandito tribunal reunirase nunha sesión destinada á revisión dos TFGs depositados e defendidos na convocatoria. Unha vez verificado que non existe ningún defecto de forma, nin signos de mala praxe durante o proceso, o secretario do tribunal asinará a acta coa nota proposta polo(s)/a(s) director(es)/a(s). *Observacións de avaliación: - Se designará 1 tribunal avaliador de TFG para a oportunidade de Xuño e Xullo que será o mesmo que para de setembro. - Os membros do Tribunal serán designados de entre os compoñentes da Comisión de Docencia, o equipo de goberno da Facultade e a Coordinación do Título, do seguinte xeito: · Presidente/a: Responsable do título. · Secretario/a: Vicedecano do Título. · Vocal: Docente representante do título na Comisión de Docencia. · Suplente: tomarase entre os membros da comisión de Coordinación do Grao formada polos coordinadores de prácticas e de curso (de último a primeiro). - O/A director/a dun TFG non poderá formar parte do tribunal que ratifica a calificación final dun traballo. - O/a secretario/a do tribunal encargarase de introducir e asinar as cualificacións dos TFG nas actas dixitais no prazo establecido. - Antes do peche de actas o tribunal publicará a data e a hora da revisión (formato non presencial). Na revisión estará presente cando menos, un membro do tribunal avaliador e o Director do TFG. - Aqueles traballos que acaden unha cualificación numérica igual ou superior a 7 (previa a corrección segundo a nota do expediente do estudante), serán remitidos ao Repositorio Institucional da UDC (RUC, co enderezo web <http://ruc.udc.es>) para a súa publicación. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se plantexan modificacións bibliográficas.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías