Materias que se recomenda ter cursado previamente
Anatomía/750G01001
Bioloxía/750G01002
Psicoloxía/750G01003
Fisioloxía I/750G01005
Fundamentos da Enfermaría/750G01007
Fisioloxía II/750G01010
Farmacoloxía/750G01011
Enfermaría Clínica I/750G01034

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Bases para a interpretación do coñecemento científico/750G01008
Ética profesional, marco legal e filosofía do coidado/750G01016
Estancias Clinicas I/750G01025

Materias que continúan o temario

Observacións
Esta materia ten en conta as recomendacións de SOSTENIBILIDADE MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XENERO:

- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia, realizarase a través da plataforma Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.

- Teranse en conta os principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

- Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero velando pola non utilización dunha linguaxe sexista na aula, nos documentos desenvolvidos na materia e nas actividades docentes realizadas co alumnado.

- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas dentro da aula, influíndo na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

- Prestarase especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

- Nesta materia, o profesorado, ten contraído o compromiso de aplicación da normativa da UDC ante situacións de plaxio.