Mestrado Universitario en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
2º cuadrimestre
Primeiro
Optativa
3
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Enxeñaría Naval e Industrial Química
Coordinación
Avecilla Porto, Fernando Francisco
Correo electrónico
fernando.avecilla@udc.es
Profesorado
Avecilla Porto, Fernando Francisco
Beceiro Gonzalez, Maria Elisa
Riveiros Santiago, Ricardo
Rodriguez Guerreiro, Maria Jesus
Correo electrónico
fernando.avecilla@udc.es
elisa.beceiro.gonzalez@udc.es
ricardo.riveiros@udc.es
maria.guerreiro@udc.es
Web
Descrición xeral
Nesta materia estúdanse os principais axentes químicos e biolóxicos presentes en distintos sectores produtivos. Estúdanse métodos analíticos para determinar a súa presenza no ambiente de traballo e métodos de avaliación, simplificados e detallados.
Plan de continxencia
No caso de que a situación derivada da evolución da pandemia Covid-19 obrigue a limitar o acceso presencial ás actividades planificadas na guía docente para o curso 2020-2021 aplicarase o seguinte plan de continxencia:
1. Modificacións nos contidos:
Os contidos manteranse integramente, tal e como se indican na guía.
2. Metodoloxías
Metodoloxías docentes que se manteñen:
Clases maxistrais:
A docencia teórica que se ten previsto impartir de modo presencial de tipo híbrido pasará a impartirse totalmente de modo remoto por medio de Teams. O número de actividades propostas aos alumnos para a súa realización durante as clases de teoría incrementarase para poder manter unha avaliación continua do nivel de seguimento e comprensión.
Clases de resolución de problemas
As clases de resolución de problemas tamén se pasarán a realizar de modo remoto por Teams. Ademais pasará a ser obrigatorio enviar un pdf dos exercicios resolto para incorporar a cualificación á avaliación continua desta actividade, substituíndo á supervisión presencial.
Proba mixta:
A proba mixta manterase con características similares, adaptándoa para realizala de maneira telemática, no caso de que non se pode realizar de maneira presencial.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
- Correo electrónico: Diariamente. Os alumnos poderán realizar consultas de todo tipo, relacionadas coa teoría ou os exercicios propostos así como para o seguimento dos traballos tutelados.
Moodle: Diariamente. Os alumnos poden expor dúbidas ou cuestións mediante o foro ou mensaxes.
Teams: Utilizarase para as clases de resolución de problemas e para a atención personalizada que pode ser a petición do alumno concertando previamente a tutoría mediante correo electrónico pero tamén se usará para o seguimento dos traballos tutelados . Tamén se usará para o seguimento dos alumnos con dedicación a tempo parcial.
4. Modificacións na avaliación:
As adaptacións derivan fundamentalmente da supresión das prácticas de laboratorio e da realización dun maior número de actividades asociadas ás sesións maxistrais que entran dentro da avaliación continua:
Participación en clase: máximo de 1 punto
Resolución de problemas: máximo de 1 puntos
Traballos tutelados: máximo de 4 puntos
Proba mixta: máximo de 4 puntos
Puntuación final será a suma do catro puntuacións anteriores.
Non presentado: alumnos que non realizasen a proba mixta
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai modificacións
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías