Nesta materia estúdanse os diferentes accionamientos das máquinas eléctricas, fundamentalmente as distintas tecnoloxías a empregar nas máquinas de corrente alterna, identificando as vantaxes segundo os procesos e analizando os sistemas de control necesarios, que se empregan nas enerxías renovables, fundamentalmente na eólica.
Diríxese tamén aos alumnos interesados na tecnoloxía dos vehículos eléctricos, tanto híbridos como eléctricos puros, unha alternativa real aos vehículos actuais.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
-Non se realizan cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
-Sesión maxistral, mediante videoconferencia.
-Proba práctica.
-Solución de problemas.
*Metodoloxías docentes que se modifican
-Proba de resposta breve a realizar mediante cuestionario na plataforma moodle.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
-Correo electrónico: Diariamente. Para consultas sinxelas, solicitar encontros virtuais e seguimentos.
-Moodle, onde se centralizarán todos os contidos da materia.
-Teams: en sesións semanais de igual tempo ás clases presenciais para a explicación dos contidos da materia e a resolución de problemas no mesmo horario que ten asignada a materia no calendario de aulas da escola.
-Tutorias a demanda dos alumnos, realizaranse tamén por Teams.
4. Modificacións na avaliación
A proba de respostas breves realizarase na plataforma moodle en varias sesións.
*Observacións de avaliación:
Para superar a materia o alumno deberá:
1. Asistir e participar regularmente nas actividades.
2. Entregar os traballos prácticos nas datas que se indiquen.
3. Solucionar os problemas que se propoñen.
4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Proporcionarase material dixitalizado en moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías