Para conseguir que as instalacións eléctricas e os receptores que as constitúen, traballen dunha maneira correcta e que traballen dunha maneira eficiente desde un punto de vista eléctrico, hanse de primeiramente identificar e logo cuantificar dunha maneira correcta as ineficiencias que nos podemos atopar presentes en calquera sistema eléctrico, tales como os desfasamentos entre a tensión e a corrente, a falta de simetría e a falta de linealidad nos seus circuítos, unha vez establecidas estas ineficiencias, mostrásense os dispositivos que nos permiten corrixilas, de maneira que se logre unha mellora na eficiencia da instalación ou circuíto.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se modifican os contidos
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense todas as metodoloxías docentes modificando unicamente o seu carácter presencial, excepto as que se comentan no apartado seguinte.
*Metodoloxías docentes que se modifican
A realización das prácticas de laboratorio faranse preferentemente de xeito presencial, modificando, se ser preciso, a planificación das mesmas para adaptala ós períodos de presencialidade. No caso de non ser posible completalas deste xeito, substituiranse por outras actividades ou, de non ser posible, cancelaranse.
A proba obxectiva, de ter que ser non presencial, farase mediante traballos.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Atenderase ó alumnado a través das vías institucionais, moodle, teams, correo electrónico e atención telefónica. Manteranse os horarios establecidos para as titorías e atenderase, por calquera das canles mencionadas, previa petición individual ou grupal do estudantado fora dese horario.
4. Modificacións na avaliación
Non se modifica
*Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se modifica
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías