Na asignatura estudiaranse os conceptos básicos sobre as leis xerais da termodinámica e electromagnetismo e a súa aplicación para resolver problemas.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
-Sesión maxistral (adaptándoa á modalidade on-line)
-Solución de problemas (adaptándoa á modalidade on-line)
-Proba obxectiva (on-line)
*Metodoloxías docentes que se modifican
-Prácticas de laboratorio (as prácticas no laboratorio serán substituídas por uns cuestionarios relacionados coas prácticas de laboratorio para a súa resolución)
-A docencia de teoría (Docencia expositiva) prevista como Presencial, pasarase a Non Presencial no caso de que o número de alumnos matriculados na materia non permita garantir as medidas recollidas no Plan de Prevención do Centro.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
-Correo electrónico: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. De uso para facer consultas, resolver dubidas e solicitar titorías virtuais.
-Moodle: Semanalmente. Dáselles aos alumnos unha guía da materia a estudar na devandita semana. Dita guía consta de diapositivas detalladas da materia e un boletín de problemas. A solución dos problemas darase á semana seguinte.
-Teams: Está previsto, en función do desenvolvemento do curso, a utilización de Teams nalgunha franxa horaria para algunhas sesións de discusión de contidos e resolución de dúbidas.
4. Modificacións na avaliación
-Solución de problemas (30%): están previstas tres probas de solución de problemas. Aquelas que non se realizaron presencialmente, realizaranse virtualmente a través de Moodle.
-Prácticas de laboratorio (30%): as practicas que non se realizaron no laboratorio serán substituídas pola resolución de cuestionarios baseados nas prácticas.
-Proba obxectiva (40%): a proba obxectiva será realizada on-line a través do Moodle
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas observacións que figuran na guía docente, tendo en conta o seguinte:
-Nos criterios de avaliación para a segunda oportunidade manterase a puntuación obtida nas prácticas de laboratorio, supondo igualmente o 30 % da cualificación, mentres que o 70 % restante corresponderá á proba obxectiva, que será on-line a través de Moodle.
-Para os alumnos con recoñecemento a tempo parcial e dispensa académica con exención de asistencia teranse en conta as metodoloxías máis idóneas para as necesidades específicas que requira cada alumno, sendo dirixidas e entregadas a través de Moodle.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios respecto da bibliografía recomendada. Os materiais de traballo que se necesitan para preparar a materia estarán dispoñibles no Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías