Preténdese proporcionar ao estudante os coñecementos estatísticos básicos necesarios para o futuro Enxeñeiro en Enxeñaría Eléctrica. Empregarase un enfoque fundamentalmente aplicado. Neste sentido, darase prioridade á exposición intuitiva de conceptos e aos métodos aplicados sobre as demostracións matemáticas excesivamente formais.
Máis detalladamente, preténdese alcanzar os seguintes obxectivos:
1. Completar os coñecementos previos do estudante sobre Estatística Descritiva (medidas de centralización e dispersión, representación gráfica de datos, etc.).
2. Introducir os conceptos de correlación e regresión para dúas variables.
3. Coñecer os conceptos básicos da Teoría da Probabilidade (probabilidade, probabilidade condicionada, variables aleatorias e as súas distribucións, etc.).
4. Introducir os conceptos fundamentais da Estatística Inferencial (estimación puntual, intervalos de confianza e contraste de hipóteses).
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Ningunha.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se modifican
Sesión maxistral, Solución de problemas e Prácticas a través de TIC serán impartidas por teledocencia (Teams).
A Proba Obxectiva e a Proba de resposta múltiple realizaranse de modo non presencial por Moodle.
A docencia de teoría (Docencia expositiva) prevista como Presencial, pasarase a Non Presencial no caso de que o número de matriculados na asignatura non permita garantizar as medidas recollidas no Plan de Prevención do Centro.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Atenderanse as consultas do alumnado por correo electrónico dous días por semana. Se fose necesario poderanse facer titorías individuais por Teams concertándoas previamente por correo electrónico.
4. Modificacións na avaliación
Ningunha.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Ningunha.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías