Máster Universitario en Enxeñaría en Deseño Industrial
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
1º cuadrimestre
Primeiro
Obrigatoria
3
Idioma
Castelán
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Abelleira Doldán, Miguel A.
Correo electrónico
miguel.abelleira@udc.es
Profesorado
Abelleira Doldán, Miguel A.
Correo electrónico
miguel.abelleira@udc.es
Web
Descrición xeral
Nesta materia o alumnado adquirirá os coñecementos que lle permitirán coñecer as especificidades concretas dunha disciplina con carácter propio como é o Deseño de Mobiliario, centrado na construción dos obxectos que foron facilitando os usos e actividades habituais do ser humano, en todo tipo de espazos privados ou públicos, conformando os ambientes nos que se veu desenvolvendo a vida.
Tamén entenderá o significado do tránsito evolutivo das respostas iniciais ata as actuais, pertencentes a un sector de gran importancia económica, caracterizado pola investigación e innovación continuas nos aspectos formais e materiais.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
No caso de continxencia adoptaranse as medidas necesarias para garantir a calidade do ensino e a integridade dos contidos. Non se realizan cambios nos contidos.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantense o conxunto das metodoloxías docentes empregadas, pasando o modo docente a desenvolverse de maneira non presencial total ou parcialmente.
*Metodoloxías docentes que se modifican:
Non está previsto modificar metodoloxías docentes.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
Os mecanismos de atención personalizada ao alumnado utilizarán as plataformas sinaladas con anterioridade postas a disposición pola Universidade: Moodle, Microsoft Teams e o Correo electrónico institucional. Temporalización: a establecida segundo o calendario e horario académicos fixados polo centro ao comezo do curso.
4. Modificacións na avaliación
Traballos tutelados: 100%. Práctica de elaboración personal de comentario e análise escrito e gráfico da interacción dun espazo cun uso concreto co seu mobiliario específico, con gallo de potenciar a crítica rigurosa como medio de reflexión e coñecemento.
*Observacións de avaliación:
Suprímense aqueles criterios que implican asistencia e presencialidad. Este principio terá validez temporalmente desde o momento no que exista instrución de aplicación do presente Plan de Continxencia.
Mantense o resto dos criterios de avaliación.
Para o alumnado con dificultades xustificadas para realizar probas ou entregas, poderanse prever solucións alternativas personalizadas.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía:
Mantense a bibliografía exposta para a materia. Subiranse aos soportes de intercambio de arquivos institucionais, aqueles textos, fragmentos de textos ou outro material, cuxo coñecemento é imprescindible para superar a materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías