Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A23 B1 B3 B19 C1 C7 Exame con preguntas (50-100) obxectivas. Cada pregunta terá 4-5 opcións, das cales soamente 1 será válida. Cada 2 preguntas falladas, restarase unha correcta. Para aprobar a materia é necesario acadar polo menos o 50% de preguntas netas nesta proba, e que ademais a suma de todos os items da avaliación sume polo menos 5 puntos de 10. 100
 
Observacións avaliación

O alumnado que concorra a segundas e posteriores matrículas serán avaliados conforme a guía docente e os requerimentos docentes e académicos do curso correspondente, sendo responsabilidade do/a alumno/a antes de iniciar o curso reunirse cos profesores responsables da materia para establecer e clarificar aquelas dúbidas que puderan surxir. Recórdase que cada ano poden facerse modificacións nas asignaturas e o alumnado ha de ser consciente deste feito.

Oa alumnos de segunda e posterior matricula que cursasen as prácticas, traballos e seminarios en anos anteriores conservaraselles as notas e tan só deberán avaliarse da parte nos superada.  

Os alumnos/as que non teñan superado os apartados de avaliación deberán realizar estes cos alumnos de nova matricula, agás a proba mixta que se dará acorde os contidos da materia matriculada.

Para aprobar a materia é imprescindible ter acadado o 50% da nota da proba mixta. En caso de non superarla otorgaráse a nota da proba non superada e deberá recuperar a parte suspensa na seguinte convocatoria de evaluación.  

Estableceranse 5 preguntas de reserva na proba mixta que poderán ser usadas para o redondeo da nota do exáme e da materia. 

O/a alumno/a que non teña pendente mais de 12 créditos, de materias das que xa estuvese matriculado nalgún curso académico, ou de 18 créditos correspondentes as prácticas, ademais do TFG, para rematar os seus estudos poderá concorrer a unha oportunidade adiantada de avaliación, que se realizará antes da finalización das actividades académicas do 1º cuadrimestre, en aquelas datas que se establezcan no calendario académico aprobado polo Consello de Goberno. Desta forma será evaluado mediante unha proba tipo test de contidos teórico-prácticos según o programa da asignatura.

Aqueles/as alumnos/as con matrícula parcial ou dispensa deben coñecer que a asistencia e superación das prácticas de laboratorio é imprescindible para superar a materia, así como superar a proba obxectiva.

O número de Matrículas de Honra establecerase en base o número de alumnado matriculado. As Matrículas de Honra concederanse as mellores cualificacións finais. En caso de empate farase unha proba obxectiva entre os candidatos.

A cualificación NON PRESENTADO/A será obtida por aqueles/as alumnos/as que non acudan ó examen final nas datas establecidas pola Xunta do Centro.

Oportunidade adiantada de avaliación: O alumnado que se encontre nos supostos recollidos na normativa de xestión académica da UDC dispoñerá desta opción para superar a materia mediante unha proba escrita de características similares á a recollida no proceso de avaliación que terá un peso do 100% da cualificación final