Plan de continxencia |
1. Modificacións dos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*• Metodoloxías docentes que se manteñen
- Sesión maxistral. A docencia expositiva realizarase a través da plataforma Moodle e / ou Teams.
- Casos de estudo (computa na avaliación). Utilizarase a plataforma Moodle e / ou Teams.
- Proba obxectiva. Utilizarase Moodle e / ou Teams.
- Atención personalizada
* Metodoloxías docentes que se modifican
- As prácticas de laboratorio e as prácticas de campo substituiranse por "traballos tutelados". Desenvolveranse facendo uso das plataformas Moodle e / ou Teams.
- Exposición oral. Esta actividade queda cancelada e, polo tanto, modifícase o peso das outras actividades, tal como se especifica na sección de avaliación.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Ferramentas: Correo electrónico, Moodle, Teams
A atención personalizada desenvolverase de acordo coas necesidades do alumnado, si ben, se programará unha sesión en gran grupo para o avance de contidos teóricos, estudo de casos e traballos tutelados, que implica unha participación obrigatoria para o alumnado. Esta sesión desenvolverase na franxa horaria asignada a materia segundo o calendario de aulas da Facultade. As titorías individuais ou en pequeno grupo, para o seguimento e apoio na realización do "traballo tutelado" e outras actividades, serán solicitadas polo estudantado mediante correo electrónico. Isto é válido tanto para o estudantado a tempo completo como para o estudantado a tempo parcial con recoñecemento académico e exención de asistencia.
4. Modificacións na avaliación
- Entrega do traballo tutelado (50%). Entregarase un traballo escrito. Valorarase a profundidade dos contidos, a orde na presentación de contidos, o uso de terminoloxía específica do tema e as fontes documentais empregadas. Co traballo escrito entregarase unha presentación audiovisual (vídeo, powerpoint con audio) na que se avaliará a calidade do contido seleccionado, a claridade da presentación e a adecuación da duración da presentación o tempo indicado.
- Casos de estudo (10%). Valorarase a participación, discusión e resolución de casos prácticos e exercicios propostos polo profesor.
- Proba obxectiva (40%). Consistirá nun exame escrito (test e preguntas cortas de toda a materia) que se desenvolvera empregando ferramentas Moodle e / ou Teams, na data e hora establecidas oficialmente.
*Observacións de evaluación:
Para superar a materia e necesario obter un 5 sobre 10 como cualificación global.
Situacións:
1) Alumnado con dedicación completa
Primeira oportunidade: a nota final será a suma de puntuacións acadadas en cada unha das actividades (traballo tutelado, casos de estudo, proba obxectiva). Se considerará non presentado o estudantado que realice todas as actividades excepto a proba obxectiva.
Segunda oportunidade: a nota final será obtida a partir dunha proba obxectiva que englobará os contidos tratados na materia. A puntuación máxima desta proba será de 10.
2) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Avaliarase, tanto na primeira como na segunda oportunidade, mediante as seguintes actividades: entrega dun resumen de cada tema da docencia expositiva acompañado dun cuestionario (resolto) proposto polo profesor (50%) e entrega dun traballo tutelado acompañado dunha presentación audiovisual (50%).
A concesión de matrícula de honra outorgarase aos alumnos que acaden tal cualificación na primeira oportunidade.
A realización fraudulenta da proba obxectiva ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspesno "0" na materia na oportunidade correspondente.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai modificacions.
(II) ADAPTACIÓN PREVISTA NO CENTRO PARA OS CASOS NOS QUE SE SUPERE O AFORO DA AULA ASIGNADA PARA A MATERIA.
A adaptación consistirá na atribución de dúas ou máis aulas á materia e a impartición da clase a través de TEAMS para o alumnado que non estea na aula coa persoa que imparte a materia. |