Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Ademais do traballo de seguimento realizado nas sesións de titoría grupal, os alumnos poderán solicitar unha titoría individual, no horario establecido polos profesores, de forma presencial ou a través da plataforma Teams.

Os alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, poderán realizar os traballos tutelados en titorías personalizadas e/ou grupais en horario a convir cos profesores.