Coñecer e comprender os conceptos fundamentais da Análise de Datos, así como o manexo das súas técnicas básicas.
Coñecer e comprender os conceptos fundamentais do Cálculo de Probabilidades.
Plan de continxencia
Se hai circunstancias que así o aconsellen, a materia poderá pasarse a modo híbrido (semi-presencial) ainda que non se producisen cambios na situación sanitaria xeral.
1. Modificacions nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas, pero adaptando as que sexa necesario á docencia online, segundo se indica no seguinte parágrafo.
*Metodoloxías docentes que se modifican
A sesión maxistral adaptarase á docencia non presencial, sustituindo as clases na aula por clases online impartidas mediante Teams,e gravadas para o seu acceso asíncrono.
3. Mecanismos de atención personlizada ao alumnado
Para a atención persoalizada empregaranse Microsoft Teams (2 veces por semana), Moodle e o correo electrónico (de forma asíncrona).
4. Modificacions na avaliación
Mantéñense as mesmas que aparecen na guia docente, pero realizarase a súa adaptación á avaliación online.
Nos obradoiros e na proba mixta poderían combinarse resolución de exercicios escritos con resolucións orais.
*Observacions de avaliación:
Na segunda oportunidade manteranse os mesmos criterios que se empregan para a 1ª oportunidade e que se resumen en 50% de avaliación continua e 50% de exame.
5. Modificacions da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo dixitalizados, xa sexa en Moodle ou na web da materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías