Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
A metodoloxía docente exposta nesta guía docente utilizarase independentemente do grao de presencialidade baixo o que se imparta a materia.
*Metodoloxías docentes que se modifican
En caso de que a docencia e as titorías non poidan impartirse de xeito presencial, empregaranse as ferramentas de Teams e Moodle.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: diariamente. Os correos recibidos contestaranse no horario de titoría do profesorado, salvo que a demanda de titorías personalizadas obrigue a unha extensión do horario anunciado. De uso para expor consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas, e realizar o seguimento do traballo tutelado.
- Moodle: diariamente. As mensaxes recibidas contestaranse no horario de titoría do profesorado, salvo que a demanda de titorías personalizadas obrigue a unha extensión do horario anunciado. En caso necesario crearanse foros específicos para cada actividade do curso, co fin de canalizar as discusións sobre os diferentes contidos da materia.
- Teams: as sesións estableceranse a demanda do alumnado, expostas a través do correo electrónico ou de Moodle, tanto no que respecta ao número de persoas implicadas como ao contido das mesmas. Esta dinámica permitirá realizar un seguimento normalizado e axustado ás necesidades da aprendizaxe do alumnado para desenvolver as actividades contempladas na materia.
4. Modificacións na avaliación
Non se realizará ningunha modificación na avaliación.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense todas as observacións de avaliación que figuran na guía docente, coa condición de que se o profesorado considérao necesario publicaranse no Moodle da materia adaptacións das normas de actividades concretas, co fin de acomodar a súa avaliación ás novas circunstancias.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle. |