Introducir ao alumnado nos conceptos básicos relativos ao proceso de elaboración, comunicación e interpretación da información financeira.
Plan de continxencia
Se a situación sanitaria así o require, cabe a posibilidade de que parte ou toda a docencia presencial teña que ser virtualizada. A planificación docente presentada xa foi deseñada para ser compatible con este escenario, polo que non será necesario realizar cambios. De darse esta situación, as clases presenciais pasarán a ser impartidas por videoconferencia síncrona e as probas de avaliación, orais ou escritas, realizaranse tamén de xeito virtual.
1. Modificacións nos contidos
Non é necesario.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas, coa excepción de que a docencia será realizada por videoconferencia síncrona.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Ningunha.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Xa está prevista, no escenario de presencialidade, a atención personalizada virtual.
4. Modificacións na avaliación
Non son necesarias, coa excepción de que as probas, orais ou escritas, serán realizadas de xeito virtual.
*Observacións de avaliación:
Non hai.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai. A bibliografía proposta cubre toda a materia e comprende varias referencias que están dispoñibles en versión electrónica a través da biblioteca da UDC.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías