Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos
Non hai modificación de contidos, se ben os materiais serán facilitados unicamente a través de Moodle ou Teams.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
*Metodoloxías docentes que se modifican
No caso de que as sesións non poidan ser presenciais, serán sustituidas por unha combinación das seguintes metodoloxías: videoconferencias síncronas e/ou videos asíncronos, presentacións de power point, e comunicación a través de chat / videoconferencia para completar e resolver as dúbidas propias dos contidos da materia. Con anterioridade o/a docente de cada sesión indicará cal será a concreta configuración da súa sesión docente.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
A coordinadora da materia, e os/as docentes que interveñen nesta materia, estarán dispoñibles para o alumnado por correo electrónico.
4. Modificacións na avaliación
*Observacións de avaliación:
A avaliación consiste nun traballo, que se presentará oralmente no día da proba final xunto con un resumo ou esquema. No caso de eliminarse a presencialidade, enviarase o traballo escrito por correo electrónico á coordinadora da materia, e farase unha conexión por videoconferencia con cada grupo para a súa exposición oral. Como non habería asistencia a sesións presenciais, teríase en conta a realización das posibles conexións por videoconferencia, chat ou actividades que indicara o/a docente responsable de cada sesión.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai. |