Aprendizaxe colaborativa |
O estudantado traballará en grupo diversos temas, debendo amosarse activo e colaborador cos compañeiros do seu grupo. |
Actividades iniciais |
Nas clases prácticas, as docentes organizarán xuicios simulados, utilizando para elo a sala de vistas coa que conta a Facultade de Dereito. Nesos xuicios simulados, o estudantado deberá adoptar o rol de parte acusadora ou de parte defensora nunha simulación de proceso penal. |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Ao longo do curso, organizaranse diversas xornadas, conferencias, etc., sobre temas de interese para o estudantado, complementándose así a sua formación. |
Lecturas |
As obras en cuestión serán seleccionadas cuidadosamente polas docentes e o estudantado terá a posibilidade de elexir entre o elenco que se lle propoña. |
Saídas de campo |
Organizaranse visitas aos xulgados e tribunais da cidade, a fin de que o estudantado poda ver in situ o desenvolvemento da praxis xudicial. |
Sesión maxistral |
Mediante o sistema de lección maxistral, as docentes introducirán ao estudantado nos aspectos básicos de cada tema. Como soporte ás explicacións, as docentes poderán proporcionar materiais (sentencias, extractos de obras doutrinais...), ou un esquema-guía cos puntos clave do desenvolvemento da súa explicación. En todo caso, a explicación das docentes deberá ser complementada polo estudantado tanto cos materiais proporcionados ao efecto, como pola consulta dos manuais que aparecen na bibliografía. |