Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Dereito Código 616G01005
Titulación
Grao en Comunicación Audiovisual
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Dereito Público
Coordinación
Ron Romero, José
Correo electrónico
j.ron@udc.es
Profesorado
Ron Romero, José
Sanz Larruga, Francisco Javier
Correo electrónico
j.ron@udc.es
javier.sanz.larruga@udc.es
Web http://https://www.derechopublicoglobal.es/javier-sanz-larruga/
Descrición xeral OBXECTIVOS XERAIS DA MATERIA: • Proporcionar aos estudantes os coñecementos indispensables sobre as normas básicas do Dereito da Información e Comunicación, coa finalidade de facilitar criterios válidos de actuación no exercicio da profesión de comunicación audiovisual. • Expoñer os principios, os contidos e os límites no exercicio dos dereitos e as liberdades constitucionais sobre comunicación audiovisual na sociedade democrática. • Situar aos estudantes no marco xurídico no que vai desenvolverse a súa profesión mediante o estudo dos dereitos e deberes dos profesionais da comunicación, e, en particular, no réxime xurídico da produción audiovisual. • Coñecer a estrutura e o réxime xurídico das empresas e dos distintos medios audiovisuais no marco da sociedade da información e do coñecemento.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non haberá modificacións nos contidos en caso de suspensión da actividade presencial 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen A docencia pasará a ser telemática (síncrona ou non) na súa totalidade, mediante o uso da plataforma Teams. *Metodoloxías docentes que se modifican As metodoloxías docentes reforzaranse coas seguintes actuacións, de acordo co criterio de cada un dos profesores responsables de grupo: - Realización de presentacións de Powerpoint con apuntes y notas de apoio para facilitar a súa compresnión e suplir as carencias de manuais de apoio. - Realización de titorías grupais non presenciais para solventar dúbidas sobre as diferentes materias. - Elaboración de vídeos de apoio para facilitar a comprensión do tema e facilitar a identificación das cuestións máis relevantes. - Atención personalizada reforzada a través dos diferentes mecanismos técnicos que ofrece o paquete OFFICE 365 (fundamentalmente chat de TEAMS). 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Reforzarase o uso dos medios de atención personalizada non presencial xa previstos na Guía Docente. Durante os horarios de titorización, ou cando así se sinale polo profesorado, os estudantes terán a posibilidade de programar titorías personalizadas mediante a plataforma Teams. 4. Modificacións na avaliación Con carácter xeral, manterase a estrutura da avaliación tanto en primeira como en segunda oportunidade. *Observacións de avaliación: 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Ningunha
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías