Enxeñaría Civil Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Seoane Nolasco, Antonio José
Correo electrónico
antonio.seoane@udc.es
Profesorado
Seoane Nolasco, Antonio José
Correo electrónico
antonio.seoane@udc.es
Web
Descrición xeral
O obxectivo desta materia é que os alumnos aprendan os conceptos básicos de deseño dun xogo, así como a crear unha experiencia lúdica para un videoxogo.
Os alumnos aprenderán a deseñar a xogabilidade combinando distintas mecánicas e regras de xogo e integrándoas nos espazos ou niveis de xogo. Tamén coñecerán distintas técnicas para manter a motivación e interese do xogador.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Só modificarase o carácter presencial das probas orais que se realicen ao longo da materia, que se realizarán de forma virtual a través de videoconferencia en Teams.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
A resolución de dúbidas e consultas dos alumnos realizarase mediante correo electrónico para consultas que requiran unha comunicación menos interactiva e mediante Teams para titorías e unha comunicación máis interactiva cos alumnos.
4. Modificacións na avaliación
Non se realizan modificacións nas metodoloxías nin nas porcentaxes de avaliación por metodoloxía.
*Observacións de avaliación:
Non hai.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios, xa que se dispón de material de traballo no Campus Virtual así como recursos dixitais suficientes.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías