Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Proxectos 1 Código 630G02001
Titulación
Grao en Estudos de Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Vazquez Diaz, Sonia
Correo electrónico
sonia.vazquez.diaz@udc.es
Profesorado
Barge Ferreiros, Santiago
Carreiro Otero, Maria Concepción
Martínez González, Carlos
Mesejo Conde, Mónica
Vazquez Diaz, Sonia
Correo electrónico
s.barge@udc.es
maria.carreiro@udc.es
c.martinez.gonzalez@udc.es
monica.mesejo@udc.es
sonia.vazquez.diaz@udc.es
Web
Descrición xeral A materia de Proxectos 1 ten como obxectivo construír unhas estadas provisionais que permitan ao alumnado asimilar as bases do proxecto arquitectónico: unha cimbra, como diría Carlos Martí (2005), que aspira a desaparecer co tempo, deixando soamente a pegada da súa orde. Ofrecer efémeras certezas que permitan arriscarse con maior confianza, como as rodiñas auxilares da bicicleta. A estratexia consiste en ensinar arquitectura como o manexo dunha nova linguaxe, apoiándose en disciplinas humanísticas como a psicoloxía ou a semiótica. Primeiro, descodificar os signos (aprender a ler); logo, entender a súa lóxica interna (gramática); máis tarde a relación que se establece entre eles (sintaxe), para finalmente alcanzar a albiscar a profundidade das mensaxes que se poden transmitir (poética). O cuadrimestre estrutúrase en dous partes. A primeira relacionada cos elementos de composición, facendo fincapé nas consecuencias perceptivas e emocionais da súa disposición concreta. A segunda penétrase xa na idea de proxecto, entendido como un proceso creativo complexo que precisa transcender as funcións máis pragmáticas mediante o uso da poética. Emprégase didácticamente un esquema que precisa en que consiste A IDEA DE ARQUITECTURA, unha estrutura de conceptos relacionados mediante a máis absoluta coherencia: unha idea guía, composta por un obxectivo principal (que se quere resolver por encima de todo) e unha carga poética asociada (como se resolve), vinculadas entre si por relacións de orde metafórico ou metonímico; e un argumento formal, unha estratexia ou lóxica compositiva que cristaliza a idea guía, e que ha de materializarse de acordo ao programa funcional a resolver e ao lugar concreto no que ha de implantarse. En ningún caso preténdese dar receitas para alcanzar resultados predeterminados, senón estruturar un sistema de preguntas que todo proyectista ha de facerse e responderse honestamente ao longo do proceso creativo. A intención é reflexionar sobre os mecanismos creativos inconscientes e facer un esforzo por nomear con palabras o que os profesionais facemos intuitivamente mediante bosquexos e maquetas: ofrecer un punto de apoio para que o alumnado saiba que buscar, que preguntarse.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se producen modificacións dos contidos 2. Metodoloxías. Metodoloxías docentes que se manteñen: Sesión maxistral. Portafolio do alumnado. Obradoiro. Proba obxectiva. Metodoloxías docentes que se modifican Nengunha, todas pasan a atención non presencial a través de TEAMS. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Período lectivo: Obradoiro e tutorización con cita previa, a través de teams ou email Período lectivo e non lectivo: Moodle 4. Modificacións na avaliación Mantense os mesmos requisitos de avaliación Observacións de avaliación: Para o alumnado con dificultades xustificadas para realizar probas ou entregas, poderanse prever solucións alternativas personalizadas. Mantéñense as condicións de partida para obter a cualificación de apto establecidas na guía docente da materia. Asistencia online: recoméndase, sen que sexa preceptiva para a avaliación. Os traballos, exercicios, e materiais necesarios para o seguimento do curso entregaranse a través da plataforma Moodle. Os prazos de entrega fixados en cada exercicio respectaranse, aplicando a necesaria flexibilidade segundo as circunstancias do momento. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se produce ningunha modificación
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías