Nos procesos industriais é necesario conseguir que unha serie de variables físicas como, a
temperatura, o caudal, a presión, a viscosidade, etc. permanezan nuns determinados valores, ou cambien dunha forma predeterminada. Para conseguir este comportamento é necesario incluír no sistema un elemento controlador.
Nesta materia, estúdanse os fundamentos matemáticos que permiten axustar o funcionamento dos sistemas de control para unha ampla variedade de sistemas a controlar.
E importante ter unha base suficiente de matemáticas e física antes de abordar o estudo desta materia.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se modifican os contidos
2. Metodoloxías
Manteñense todas as metoloxías a excepción das prácticas de laboratorio no caso de non poder ser levadas a cabo de xeito virtual.
O resto de metodoloxías mantense, facendo uso de Moodle e TEAMS.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Por iniciativa do profesor, durante as sesións de TEAMS, a lo menos unha vez a semana. Por iniciativa do alumnado mediante correo electrónico, mensaxería de Moodle, ou TEAMS, en calquera momento da xornada laboral na que o docente non esté a realizar outras labores programadas.
4. Modificacións na avaliación
A avaliación mantense do mesmo xeito, e no caso de que as prácticas de laboratorio non se poidan levar a cabo de xeito virtual, reasignarase o seu valor á resolución de problemas
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías