Nesta materia desenrólanse conceptos necesarios para a comprensión da maior parte dos procesos que ocorren nun xerador de vapor, tanto a bordo dun buque como en instalacións terrestres.
A descrición dos procesos e a súa análise crítica faculta ao alumno á hora de coñecer os detalles de deseño, operación e mantemento deste tipo de equipos, así como a súa influencia sobre a operación doutras instalacións ás que adoitan estar ligadas, como pode ser o caso de instalacións de propulsión, de xeración de enerxía eléctrica, calefacción, etc.
Sen o coñecemento dos conceptos desenvolvidos nesta materia resulta dificultosa a comprensión doutras materias do plan de estudos, entre as que se atopan Turbinas de vapor e gas, Sistemas auxiliares do buque e Condución de Cámara de Máquinas.
Para cursar a materia é conveniente ter coñecementos previos de Física e Matemáticas.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sesión Maxistral (computa na avaliación)
Solución de problemas (computa na avaliación)
Análise de fontes documentais.
Proba obxectiva (computa na avaliación)
Prácticas de laboratorio (computa na avaliación).
*Metodoloxías docentes que se modifican
Prácticas de laboratorio. Artellaranse os procedementos necesarios para garantir a adquisición das competencias asociadas seguindo as recomendacións de instancias superiores.
A resolución de problemas complementarase con Traballos tutelados (computando para a avaliación)
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico: Pra facer consultas,
resolver dúbidas teóricas e de resolución de problemas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Moodle: A través dos foros poden formular consultas sobre os contidos teóricos e resolución de problemas. Tamén se poden planear debates dirixidos sobre determinados contidos da materia.
– Teams: Sesións no horario oficial para o desenrolo dos contidos teóricos-prácticos e dos traballos tutelados.
Sesións adicionais se é necesario ou baixo demanda do alumnado, para a resolución de dúbidas e apoio nos traballos tutelados.
4. Modificacións na avaliación
Traballos tutelados pasan a computar un 30 %.
Proba obxectiva pasa a computar un 60 %.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense os mesmos requisitos na 2ª avaliación, computándose a asistencia tanto presencial como non presencial si é o caso (segundo a listaxe de asistencia descargada desde Teams).
Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a cualificación obtida nas actividades asociadas ao sistema personalizado de titorías corresponderase coa avaliación da metodoloxía de solución de problemas e probas obxectivas, cunha ponderación do 40 e o 60 %, respectivamente.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. O alumnado pode acceder aos contidos dixitalizados tanto teóricos como prácticos en Moodle
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías