Achegar ao alumno as técnicas do frío a partir dos fundamentos físicos sobre termodinámica aplicada á refrixeración e as transformacións implicadas nos procesos.
Proporcionar coñecementos sobre a estrutura e o funcionamento das instalacións frigoríficas terrestres, mariñas e a bordo dos buques mercantes en xeral, así como de buques de transporte de cargas especiais, tales como LNG e LPG.
Achegar coñecementos teóricos- prácticos necesarios para o cálculo e deseño das instalacións frigoríficas e dos seus equipos.
Comentar as características de operación máis sobresalientes dos equipos principais que integran as instalacións de refrixeración a bordo dos buques e en terra.
Proporcionar ao alumno coñecementos de electricidade, regulación e control das instalacións frigoríficas dos buques e de instalacións terrestres.
Definir e aplicar as diferentes técnicas de optimización enerxética de instalacións de refrixeración e climatización mariñas.
Achegar conceptos prácticos para a operación e mantemento das instalacións de refrixeración de forma segura e eficiente.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se modifican os contidos.
2. Metodoloxías
Mantense todas as metodoloxías docentes modificando únicamente o seu carácter presencial
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Ferramentas: Moodle, Teams ou correo electrónico.
4. Modificacións na avaliación
Mantense as metodoloxías de avaliación e a súa ponderación, agás o seu carácter presencial.
O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DÚAS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC ( Arts. 2.3; 3. b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017): Tera dereito a presentarse a unha proba obxetiva con posibilidade de obtención do 100% nota”.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai modificacións.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías