Esta materia impártese no segundo curso do Grao en en Tecnoloxía da Enxeñaría Civil e supón a primeira toma de contacto coa enxeñería de estruturas. O obxectivo é comprender o concepto de estrutura como esqueleto resistente dunha construción e iniciarse no coñecemento das técnicas de análise das estruturas de barras.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non hai cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sesión maxistral
Solución de problemas
Proba oral
Solución de problemas
Proba práctica
Proba obxectiva
*Metodoloxías docentes que se modifican
- Sesión maxistral: No caso de non poder facerse presencialmente, impartiranse a través da plataforma de MS Teams.
- Solución de problemas: No caso de non poder facerse presencialmente, realizaranse utilizando MS Teams.
Proba oral: No caso de non poder facerse presencialmente, realizaranse utilizando MS Teams.
Proba práctica: No caso de non poder facerse presencialmente, realizaranse utilizando Moodle e MS Teams.
Proba obxectiva: No caso de non poder facerse presencialmente, realizaranse utilizando Moodle e MS Teams.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
No caso de non poder levarse a cabo presencialmente, a atención personalizada realizarase a través do correo electrónico, Moodle ou MS Teams.
4. Modificacións na avaliación
Proba oral consistente nunha entrevista empregando MS Teams.
Proba práctica: consistente na resolución de problemas nun tempo determinado empregando Moodle e MS Teams.
Proba obxectiva consistente na resolución de problemas nun tempo determinado empregando Moodle e MS Teams.
*Observacións de avaliación:
A proba obxectiva e a proba práctica consistirá en exames individuais manuscritos, non presenciais, síncronos. Unha vez realizada a proba, os profesores poderán contactar de maneira discrecional a través de MS Teams, coa totalidade, ou parte dos estudantes, para preguntar oralmente sobre o contido do exame realizado. Estes contactos serán gravados e pasarán a formar parte do exame do estudante. O obxectivo destes contactos pode ser dobre: acreditar a autoría do exame por parte do estudante, e no seu caso, pedir as aclaracións sobre a proba que poidan ser pertinentes antes de proceder á súa cualificación. É responsabilidade dos estudantes a custodia dos exercicios realizados, que lles poderán ser requiridos en calquera momento. A non comparecencia ao ser contactados polos profesores sen causa xustificada provocará que a proba sexa cualificada cun cero (0).
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se producen modificacións.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías