Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Traballo por Proxectos en Educación Física  Código 652534018
Titulación
Mestrado Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas
Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Varela Garrote, Lara
Correo electrónico
lara.varela@udc.es
Profesorado
Varela Garrote, Lara
Correo electrónico
lara.varela@udc.es
Web http://www.educacion.udc.es/mestrados/didacticas-especificas/
Descrición xeral A materia “Traballo por Proxectos en Educación Física” forma parte dos estudos do Mestrado Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria. Trátase dunha materia optativa de 3 créditos, o que representa 75 horas de traballo do estudantado. Esta materia facilitará ao alumnado o coñecemento de diferentes conceptos relacionados co traballo por proxectos nas aulas e mais aló, así como as claves para desenvolver proxectos de carácter interdisciplinar co movemento e a educación física como referencia. Así mesmo analizaranse os diferentes retos que se presentan para alcanzar o pleno desenvolvemento de proxectos tanto na materia de educación física coma na titoría ou mesmo en ámbitos fóra da escola para as edades de Educación Infantil e Primaria.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: – Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías: *Metodoloxías docentes que se manteñen: - Aprendizaxe colaborativa - Discusión dirixida - Presentación oral - Sesión maxistral - Traballos tutelados - Actividades iniciais - Análisis de fontes documentais *Metodoloxías docentes que se modifican: Ningunha. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Mantense o tempo previsto para a atención personalizada, que se realizará a través das seguintes canles, tendo o alumnado a posibilidade de seleccionar cales deles quere empregar, en función das súas necesidades e posibilidades de comunicación: titorías en directo a través da área de traballo “Teams” da UDC, mediante videoconferencia, conexión de audio ou chat; a través do correo electrónico institucional; a través dos chats e foros dispoñibles en Moodle. 4. Modificacións na avaliación: Non se realizarán modificacions na avaliación. *Observacións de avaliación: Non se realizarán cambios. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. Na propia guía xa se indica neste apartado que "Esta bibliografía e orientativa e poderá ser ampliada durante o desenvolvemento da materia".
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías