Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Atención á diversidade na educación física Código 652603312
Titulación
3 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Educación Física
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 4
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Educación Física e Deportiva
Coordinación
Varela Garrote, Lara
Correo electrónico
lara.varela@udc.es
Profesorado
Carretero García, Miriam
Varela Garrote, Lara
Correo electrónico
miriam.carretero@udc.es
lara.varela@udc.es
Web http://www.educacion.udc.es/mestrados/secundaria/?pagina=educacion-fisica
Descrición xeral A materia “Atención á diversidade na educación física” forma parte dos estudos do Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria no itinerario de Educación Física. Trátase dunha materia obrigatoria de 4 créditos, o que representa 100 horas de traballo do estudantado. Esta materia facilitará ao alumnado o coñecemento de diferentes conceptos relacionados coa diversidade nas aulas así como as claves para desenvolver proxectos inclusivos na educación física. Así mesmo analizaranse os diferentes retos que se presentan para alcanzar a plena inclusión na materia de educación física en educación secundaria.
Plan de continxencia Modalidade docente: Presencial 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías 2.1.-Metodoloxías docentes que se manteñen: - Probas de resposta breve. - Traballo tutelado. - Análisis de fontes documentáis. 2.2.- Metodoloxías docentes que se modifican: - Sesión maxistral: farase aproveitando as ferramentas telemáticas da Universidade da Coruña. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Mantense o tempo previsto para a atención personalizada, que se realizará a través das seguintes canles, tendo o alumnado a posibilidade de seleccionar os que queira empregar, en función das súas necesidades e posibilidades de comunicación: titorías en directo a través da área de traballo “Teams” da UDC, mediante videoconferencia, conexión de audio ou chat; a través do correo electrónico institucional; a través dos chats e foros dispoñibles en Moodle. 4. Modificacións na avaluación Non se realizarán cambios. *Observacions de avaluación: Non se realizarán cambios. 5. Modificacions da bibliografía ou webgrafía - Non se realizarán cambios, porque a posibilidade de ampliar a bibliografía está sinalada na guía orixinal, coa seguinte redacción: “esta bibliografía é orientativa e poderá ser ampliada polo profesorado ao inicio da materia”.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías