Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Aprendizaxe na educación física baseado en competencias Código 652603321
Titulación
3 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Educación Física
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Educación Física e Deportiva
Coordinación
Fraguela Vale, Raul
Correo electrónico
raul.fraguela@udc.es
Profesorado
Fraguela Vale, Raul
Correo electrónico
raul.fraguela@udc.es
Web
Descrición xeral A materia “A aprendizaxe na educación física baseada en competencias” forma parte dos estudos do Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria no itinerario de Educación Física. Trátase dunha materia obrigatoria de 6 créditos. Esta materia introduce ao alumnado no concepto de competencia no contexto educativo da Educación Secundaria. Partindo da análise das competencias no currículo de Educación Física, plantéxanse propostas para o desenvolvemento destas competencias desde a área de Educación Física, pero tamén de forma interdisciplinar. Finalmente, reflexiónase sobre a relación das competencias coa calidade educativa e sobre as numerosas implicacións que ten o deseño da docencia desde unha perspectiva competencial.
Plan de continxencia Modalidade docente: Presencial 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías 2.1.-Metodoloxías docentes que se manteñen: - Aprendizaxe colaborativa. - Probas de resposta breve. - Traballos tutelados. - Presentación oral. - Análise de fontes documentáis. 2.2.- Metodoloxías docentes que se modifican: - Sesión maxistral: farase aproveitando as ferramentas telemáticas da Universidade da Coruña. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Mantense o tempo previsto para a atención personalizada, que se realizará a través das seguintes canles, tendo o alumnado a posibilidade de seleccionar os que queira empregar, en función das súas necesidades e posibilidades de comunicación: titorías en directo a través da área de traballo “Teams” da UDC, mediante videoconferencia, conexión de audio ou chat; a través do correo electrónico institucional; a través dos chats e foros dispoñibles en Moodle. 4. Modificacións na avaluación Non se realizarán cambios. *Observacions de avaluación: Non se realizarán cambios. 5. Modificacions da bibliografía ou webgrafía - Non se realizarán cambios, porque a posibilidade de ampliar a bibliografía está sinalada na guía orixinal, coa seguinte redacción: “esta bibliografía é orientativa e poderá ser ampliada polo profesorado ao inicio da materia”.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías