Descrición xeral |
O Practicum correspóndese coa fase formativa que se desenvolve nos centros educativos. No caso do alumnado de FOL, pode ser un IES ou un Centro integrado de FP (CIFP). As prácticas están deseñadas para ofreceren a posibilidade de observar e analizar o contexto profesional e de experimentarse, baixo a tutela e supervisión dunha profesora ou profesor do centro, nas tarefas de planificación, desenvolvemento e avaliación dunha proposta didáctica, .
|
Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos
Non se modifican
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
*Metodoloxías docentes que se modifican
Nunha situación extraordinaria, as metodoloxías modificaríanse tendo en conta o número de horas presenciais que o alumnado cumprise antes da creba da normalidade. Se houbese algún caso que non se axustase a ningún dos escenarios previstos, a Comisión Académica do mestrado estudaríao separadamente.
a) Escenario n.º 1: cumprimento da totalidade das horas presenciais previstas.
Todas as prescricións recollidas na guía docente —tanto ás referidas á planificación como as tocantes á avaliación— manterían a súa vixencia. Con todo, cabería a posibilidade de que se modificasen os prazos de entrega, corrección e revisión das memorias, se as circunstancias o aconsellasen. Calquera modificación deste tipo anunciaríase con antelación suficiente.
b) Escenario n.º 2: cumprimento da metade das horas presenciais previstas.
Neste caso, a perda de horas de estadía no centro de prácticas veríase compensada por medio da realización de traballos tutelados que se integrarían na memoria, sempre con vistas a completar os seus distintos apartados. A dirección e supervisión destas tarefas —que se realizaría por vía telemática— ficaría nas mans do profesorado titor da UDC.
Saídas de campo
Competencias: A33 A34 A35
Horas presenciais: 42
Horas non presenciais / traballo autónomo: 108
Horas totais: 150
Traballos tutelados
Competencias: A32 A33 A34 A35
Horas presenciais: 0
Horas non presenciais / traballo autónomo: 141
Horas totais: 141
c) Escenario n.º 3: cumprimento de menos da metade das horas presenciais previstas.
Do mesmo xeito que no escenario n.º 2, o alumnado tería que compensar, por medio de traballos tutelados integrados na memoria, a mingua do número de horas de presenza no centro. Agora ben, como o acortamento da estadía sería maior do que no escenario precedente, sería necesaria, ademais, a resolución dun suposto práctico —deseñado polo coordinador/a do itinerario— que tamén se integraría na memoria de prácticas (para máis información, véxase a «Guía das prácticas docentes»).
Saídas de campo
Competencias: A33 A34 A35
Horas presenciais: 25
Horas non presenciais / traballo autónomo: 125
Horas totais: 150
Traballos tutelados
Competencias: A32 A33 A34 A35
Horas presenciais: 0
Horas non presenciais / traballo autónomo: 141
Horas totais: 141
d) Escenario n.º 4: non se produciu a incorporación do/a estudante ao centro de prácticas.
Optaríase por unha formación telepresencial, sempre que os centros de prácticas o permitisen; de non ser posible, proporíase unha formación alternativa de carácter práctico. En calquera caso, o traballo tutelado sería avaliado en exclusiva polo titor da UDC, como en circunstancias normais.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
O profesorado titor da UDC debe ofrecer ao alumnado a posibilidade dun contacto regular —indispensable para unha titorización efectiva— por medio do correo electrónico institucional e/ou das plataformas de teleformación que ofrece a Universidade (Moodle, Microsoft Teams).
4. Modificacións na avaliación
Non se modificaría o peso que na cualificación final teñen as dúas metodoloxías propias da materia: a saída de campo (é dicir, a estadía no centro de prácticas) e o traballo tutelado (é dicir, a memoria de prácticas, con ou sen adicións, segundo o escenario en que se achen os/as alumnos/as).
*Observacións de avaliación:
A cualificación final será a media das outorgadas polo/a titor/a de centro (que valora o desempeño do/a estudante durante a estadía) e polo/a titor/a da UDC (que corrixe e puntúa a memoria das prácticas).
- Para superar as prácticas cómpre conseguir o aprobado nas dúas partes da materia; no caso de que unha delas non se supere, a nota final do/a estudante será precisamente a desa parte.
- A memoria das prácticas é recuperable. Se un alumno non supera a materia na primeira oportunidade por causa da memoria, poderá mellorala e entregala na segunda.
- As prácticas propiamente ditas (isto é, os labores realizados polo/a alumno/a no seu centro de destino) non son recuperables: a cualificación obtida na primeira oportunidade mantense na segunda.
- Antes de publicar as cualificacións finais, os/as titores/as da UDC deben ofrecer ao alumnado a posibilidade de revisar a memoria e, de ser o caso, reconsiderar a súa cualificación. Se as circunstancias o fixesen necesario, a revisión tería lugar a través de canles telemáticas. En canto ás cualificacións outorgadas polos/as titores/as de centro, non é susceptible de emenda: o alumnado só pode pedir que se lle dean a coñecer as puntuacións concedidas nas diferentes casas da «grella» de avaliación.
- A memoria de prácticas —con ou sen adicións, cf. supra— deberá subirse á aplicación Prácticum (http://www.educacion.udc.es/app-secundaria/) dentro do prazo estabelecido no calendario oficial (consultable na «Guía das prácticas docentes»). Se os/as titores/as da UDC requirisen a entrega dunha copia adicional da memoria por outra canle, esta debería ser de carácter telemático.
- Se a UDC contemplase esta posibilidade, poderíase elevar á Xunta de Facultade, previa aprobación da Comisión Académica do Mestrado, unha proposta de modificación das datas de realización do Prácticum.
- As cualificación das prácticas poderán ser:
- Non presentado
- Suspenso (de 1 a 4,9 puntos)
- Aprobado (de 5 a 6,9 puntos)
- Notable (de 7 a 8.9 puntos)
- Sobresaliente (de 9 a 10 puntos)
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Adaptaríase para os escenarios 3 e 4. |