Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Psicoloxía do desenvolvemento de 0 a 6 anos Código 652G01004
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Psicoloxía
Coordinación
Dumitru , Adina Claudia
Correo electrónico
adina.dumitru@udc.es
Profesorado
Dumitru , Adina Claudia
Porto Riobó, Ana Maria
Correo electrónico
adina.dumitru@udc.es
ana.prioboo@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia xunto coa "Psicoloxía da aprendizaxe en contextos educativos" configuran o Módulo de Formación Básica do Título: Procesos educativos, aprendizaxe e desenvolvemento da personalidade de 0 a 6 anos (Orden ECI/3854/2007, do 27 de decembro). O núcleo de competencias básicas trata do coñecemento do desenvolvemento da psicoloxía evolutiva da infancia nos períodos de 0 a 3 e de 3 a 6 anos, en concreto nos dominios psicomotriz, cognitivo, lingüístico, social e afectivo-emocional.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se producirán cambios, xa que os contidos están íntegros na plataforma virtual Moodle 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen *Metodoloxías docentes que se modifican - Traballos tutelados. As actividades colaborativas serán guiadas/orientadas virtualmente a través de reunións con portavoces grupais ou chats a través de teams nos módulos horarios interactivos ou indicacións/aclaracións realizadas a través da plataforma moodle. Proba obxetiva A proba farase por Moodle de xeito non presencial. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado A atención personalizada realizarase durante os módulos horarios da materia interactivos e horario de titorías (para a Modalidade A) e en horario de titorías (para a Modalidades B de avaliación) 4. Modificacións na avaliación Modalidade A de Avaliación. Non se realizarán modificacións na avaliación Modalidade B de Avaliación. *Observacións de avaliación: 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se farán modificacións na bibliografía
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías