Esta materia persegue que o futuro profesorado de Educación Infantil sexa capaz de analizar os deseños curriculares, modelos e prácticas desenvolvidas para o primeiro ciclo de Educación Infantil.
Pretende tamén que o alumnado adquira os coñecementos necesarios para deseñar e avaliar proxectos educativos que potencien prácticas críticas comprometidas co desenvolvemento, non só da infancia, senón tamén de todas as persoas implicadas nas institucións onde se van desenvolver.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas, coas adaptacións necesarias (mencionadas no apartado de atención personalizada), no caso de que se precise pasar á docencia non presencial.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Ningunha.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: para consultas puntuais e para solicitar titorías virtuais.
- Moodle: para informar de novas, facilitar materiais, entregar tarefas, desenvolver debates a través de foros e realizar probas.
- Teams: para as sesións maxistrais, en grande grupo, e para as sesións interactivas, en pequenos grupos (só se fose necesario, por mor da pandemia), nas franxas horarias asignadas á materia, para o seguimento do traballo. Tamén se utilizará esta ferramenta para a realización das titorías individuais e grupais (previamente concertadas a través do correo electrónico).
4. Modificacións na avaliación
As probas realizaranse a través de Moodle. Empregarase Teams como ferramenta de apoio ao exame.
*Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. O alumnado deberá recoller en reprografía, ao comezo do cuadrimestre, o dosier de documentación elaborado para traballar a materia e adquirir o libro de lectura obrigatoria.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías