O principal fin de traballo nesta materia é a aproximación crítica e reflexiva ao papel das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na nosa sociedade e na educación aprendendo a analizar, seleccionar, avaliar, utilizar e investigar as posibilidades educativas dos distintos recursos tecnolóxicos para a mellora da calidade da ensinanza e dos centros educativos nos niveis da educación primaria, así como a investigación crítica da práctica docente.
Plan de continxencia
GRUPO A:
O GRUPO A TERÁ UNHA CLASE EXPOSITIVA E TRES INTERACTIVAS. AS CLASES EXPOSITIVAS CON GRUPO GRANDE LEVARANSE A CABO DE FORMA ONLINE. AS CLASES INTERACTIVAS CON GRUPO PEQUENO LEVARANSE A CABO DE FORMA PRESENCIAL.
GRUPO B:
O GRUPO B DIVIDIRASE EN DOUS GRUPOS FACENDO CLASES EXPOSITIVAS-INTERACTIVAS DE TRES HORAS CON CADA GRUPO. ESTA ORGANIZACIÓN PERMITIRÁ QUE TODAS AS CLASES SEXAN PRESENCIAIS.
DE NON PODER LEVAR A CABO AS CLASES PRESENCIAS POR MOR DO COVID FARÁNSE DE FORMA ONLINE A TRAVÉS DE TEAMS E MOODLE.
NON SERÁ NECESARIO FACER CAMBIOS NOS CONTIDOS, METODOLOXÍAS E FORMAS DE AVALIACIÓN.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías