Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Psicoxerontoloxía Código 652G03024
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Psicoloxía
Coordinación
Piñeiro Aguin, Isabel
Correo electrónico
isabel.pineiro.aguin@udc.es
Profesorado
Piñeiro Aguin, Isabel
Rodríguez Llorente, Carolina
Correo electrónico
isabel.pineiro.aguin@udc.es
carolina.rodriguez.llorente@udc.es
Web
Descrición xeral A introdución da Psicoserontoloxía como disciplina no curriculum do Grao en Educación Social xustifícase, entre outras razóns, por dúas, poucos cuestionables na actualidade: a necesidade de aprender ao longo de toda a nosa vida e o feito de que a sociedade actual está envellecendo. Baixo estas premisas, esta disciplina porponse acercar ao estudiante ás características do funcionamento cognitivo das peroas maiores contribuindo con elo á formación dos profesionais que han de traballar con elas.
Plan de continxencia As adaptacións que se levarán a cabo na docencia e na avaliación, en caso de que nos enfrentemos a un escenario de non presencialidade debido a un novo brote da pandemia COVID-19 serán as seguintes: 1. Modificacións nos contidos Os contidos non se modificarán xa que son enviados a través da plataforma a moodle aos alumnos ao longo do cuatrimestre. 2. Metodoloxías: Para as actividades docentes síncronas manteranse, sempre que sexa posible, os horarios de clase establecidos na programación docente. Durante a docencia síncrona, gravaranse as sesións para poñelas a disposición do alumnado que teña problemas de conectividade ou de dispoñibilidade limitada de equipos informáticos. • Metodoloxías docentes que se manteñen Explicación por parte da profesora dos contidos mais relevantes do material proporcionado ao alumnado. Simplificaranse na medida do posible a impartición dos contidos da materia, seleccionando os fundamentais de cara a garantir a adquisición das competencias e resultados de aprendizaxe esenciais • Metodoloxías docentes que se modifican A explicación dos contidos e dos exemplos explicativos e aclaratorios desde contidos farase de maneira virtual. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado • Horario de Titorías (xoves de 10:00 a 14:00 horas) • Titorías concertadas a través da plataforma Teams e/ou por email 4. Modificacións na avaliación: - Traballos tutelados (a) e Portafolios do alumno (b) * 60% da calificación * (a) Prácticas supervisadas pola profesora, realizadas fóra da aula * (b) Pequenas prácticas realizadas nas clase interactivas dos contidos do temario. - Exame * 40% da calificación * Proba de 40 preguntas tipo test con tres alternativas de resposta e onde só unha é a correcta. * A proba obxetiva tipo test, farase a través da plataforma Moodle e, simultáneamente, con atención síncrona a través do Teams, por si houbera algunha dúbida. Daráselle un tempo suficiente. 5. Xustificación da Avaliación Instrumento para poder aplicar un criterio de excelencia (notable, sobresaliente ou matrícula de honra) entre o alumnado 6. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías